Mahathir bin Mohamad
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1925 (98 anos) Alor Setar (Estados Malaios Não-Federados) |
Q110133371 | |
10 de maio de 2018 – 24 de febreiro de 2020 | |
7º Primeiro-ministro da Malásia (pt) | |
10 de maio de 2018 – 1 de marzo de 2020 ← Najib Razak (pt) – Muhyiddin Yassin → | |
21º Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados | |
20 de febreiro de 2003 – 31 de outubro de 2003 ← Thabo Mbeki – Abdullah Ahmad Badawi → | |
Minister of Finance 2 (en) | |
5 de xuño de 2001 – 2 de novembro de 2003 | |
Minister of Finance 2 (en) | |
2 de setembro de 1998 – 7 de xaneiro de 1999 | |
Minister of Home Affairs (en) | |
8 de maio de 1986 – 8 de xaneiro de 1999 ← Musa Hitam (en) – Abdullah Ahmad Badawi → | |
Minister of Defence (en) | |
18 de xullo de 1981 – 6 de maio de 1986 ← Abdul Taib Mahmud (en) – Abdullah Ahmad Badawi → | |
4º Primeiro-ministro da Malásia (pt) | |
16 de xullo de 1981 – 31 de outubro de 2003 ← Hussein Onn – Abdullah Ahmad Badawi → | |
Q110133371 | |
16 de xullo de 1981 – 30 de outubro de 2003 | |
Minister of International Trade and Industry (en) | |
1 de xaneiro de 1978 – 16 de xullo de 1981 ← Hamzah Abu Samah (en) | |
Deputy Prime Minister of Malaysia (en) | |
5 de marzo de 1976 – 16 de xullo de 1981 ← Hussein Onn – Musa Hitam (en) → | |
Minister of Education (en) | |
5 de setembro de 1974 – 31 de decembro de 1977 ← Mohamed Yaacob (en) – Musa Hitam (en) → | |
Member of the Dewan Negara (en) | |
30 de decembro de 1972 – 23 de agosto de 1974 | |
Member of the Dewan Rakyat (en) | |
Lexislatura: 14th Malaysian Parliament (en) Circunscrición electoral: Langkawi (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Malaisia |
Ideoloxía política | Nacionalismo econômico (pt) e neutralism (en) |
Relixión | Sunnismo |
Educación | University of Malaya (en) (–1953) Universidade Nacional de Singapura (pt) Yong Loo Lin School of Medicine (en) |
Altura | 170 cm |
Actividade | |
Ocupación | político , médico , escritor |
Partido político | Parti Bumiputera Perkasa Malaysia (en) (2023–) Homeland Fighter Party (en) (2020–2023) político independente (2020–2020) Malaysian United Indigenous Party (en) (2016–2020) United Malays National Organisation (en) (–2016) |
Pseudónimo literario | Tun M Dr M |
Lingua | Lingua malaia e lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Siti Hasmah Mohamad Ali |
Fillos | Marina Mahathir (pt) , Mirzan Mahathir (en) , Melinda Mahathir (en) , Mukhriz Mahathir (pt) , Mokhzani Mahathir (en) , Mazhar Mahathir (en) |
Pais | Mohamad bin Iskandar (en) e Wan Tempawan Wan Hanapi (en) |
Irmáns | Habsah Mohamad (en) , Murad Mohamad (en) , Rafeah Mohamad (en) , Mashahor Mohamad (en) , Omar Mohamad (en) , Johora Mohamad (en) , Mustaffa Mohamad (en) e Mahadi Mohamad (en) |
Premios
| |
Páxina web | thechedet.com |
Tun Dr. Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925[1] é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah.[2] A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946, antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado e criado en Alor Setar, Kedah, Mahathir sobresaíu na escola e converteuse en médico. Afiliouse á UMNO antes de entrar no parlamento en 1964. Serviu como deputado antes de perder o seu escano e posteriormente inimizouse co primeiro ministro Tunku Abdul Rahman e foi expulsado do partido.[3] Cando Abdul Rahman renunciu ao ser substituído por Abdul Razak Hussein en 1970, Mahathir volveu a incorporarse á UMNO e ao Parlamento, e foi ascendido ao Gabinete. En 1976 converteuse en viceprimeiro ministro e en 1981 xurou o cargo de primeiro ministro trala renuncia do seu predecesor, Hussein Onn.
Durante o seu mandato como primeiro ministro, Malaisia experimentou un período de rápida modernización e crecemento económico, e o seu goberno iniciou unha serie de audaces proxectos de infraestruturas. Mahathir foi unha figura política dominante, baixo o seu liderado, a coalición Barisan Nasional gañou cinco eleccións federais consecutivas e defendeu con éxito o dominio da UMNO antes rivais destacados. Como primeiro ministro, foi un defensor do desenvolvemento do terceiro mundo e un prominente activista internacional.
Mahathir renunciou o 31 de outubro de 2003, sendo o xefe de goberno malaisio con máis anos no cargo. Non obstante, mantívose como unha figura política activa logo do seu retiro. O seu fillo Mukhriz Mahathir foi Menteri Besar (gobernador) do estado de Kedah entre 2013 e 2016. Co paso do tempo, Mahathir converteuse nun crítico estridente do seu sucesor escollido persoalmente, Abdullah Ahmad Badawi, en 2006, e máis tarde Najib Razak en 2015.[4] Tan só dous anos despois da súa renuncia, o Barisan Nasional comezou a experimentar fortes debacles electorais que levaron á perda da maioría de dous terzos en 2008 e a unha derrota por voto popular en 2013 ante a coalición Pakatan Rakyat, dirixida por Anwar Ibrahim, conservando o goberno unicamente grazas ao gerrymandering. Como rexeitamento ás accións da UMNO ao continuar a apoiar ao goberno de Razak a pesar do escándalo que rodeaba a organización Malaysia Development Berhad, Mahathir abandonou o partido o 29 de xaneiro de 2016, sendo seguido por un enorme continxente de políticos oficialistas, entre os que destacaban o seu fillo Mukhriz e o antigo viceprimeiro ministro Muhyiddin Yassin.[5]
O 9 de setembro do mesmo ano anunciou a súa volta á primeira plana política e fundou o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM), aprobado ese mesmo día polo Rexistro de Sociedades (RoS).[6] O partido uniuse á coalición opositora Pakatan Harapan (PH) que estaba liderada polo seu antigo aliado que el mesmo enviara a prisión en 1998, Anwar Ibrahim. Estando este novamente encarcerado dende 2015, Mahathir foi elixido o 8 de xaneiro de 2018 como candidato a primeiro ministro da coalición nas eleccións federais de 2018 en substitución de Ibrahim, coa promesa de procurar a súa liberación e entregarlle o cargo nun ou en dous anos. A campaña electoral foi dura e caracterizouse por unha serie de insultos persoais entre Najib e Mahathir, que culminou cunha sorprendente e histórica derrota do primeiro ministro e unha maioría absoluta do Pakatan Harapan. Mahathir asumiu o cargo o día seguinte, 10 de maio de 2018. Con case 93 anos no momento do seu xuramento converteuse no político de máis idade en ocupar o cargo de primeiro ministro, o primeiro en Malaisia que ocupa o cargo en dúas ocasións non consecutivas e o primeiro goberno alleo á UMNO na historia do país. En febreiro de 2020 anunciou a súa dimisión e o 1 de marzo deixou o cargo sendo substituído por Muhyiddin Yassin.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Profile of Mahathir Mohamad
- ↑ It's official, Dr M is Malaysia's seventh PM... and the world's oldest
- ↑ Abdul Rahman, Tunku (setembro de 1969). May 13 – Before and After. Kuala Lumpur: Penerbitan Utusan Melayu. pp. 117–121.
- ↑ Kaos Jr., Joseph (4 de abril de 2015). "Dr M past his quiet stage, asks Najib to step down". The Star (Malaisia). Consultado o 7 de agosto de 2015.
- ↑ "Dr Mahathir quits Umno, again". The Star Online. 19 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016.
- ↑ "Dr Mahathir’s new party officially registered". Free Malaysia Today FMT News. 9 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016.
- ↑ "Malaysia gets new PM, Muhyiddin Yassin, after week of turmoil". BBC (en inglés). 1 de marzo de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mahathir bin Mohamad |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Dr Mahathir Mohamad's Blog (Launched May 2008)
- BBC Profile: Mahathir Mohamad
- Biografía por CIDOB (en español)
- Mahathir hospitalised after heart attack Arquivado 05 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
- Turkish Daily News, from Mahathir's final days in office
- Islam the Misunderstood Religion by Dr. Mahathir Mohamad
- Perdana Leadership Foundation website on Malaysia’s past Prime Ministers.
- BBC News: Mahathir in his own words
- BBC News: In Pictures: Mahathir steps down
- BBC News: Malaysia defends speech on Jews
- Asiaweek: Al Gore's rebuke of APEC host Mahathir Arquivado 21 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- Text of Dr Mahathir's speech to the OIC on 16 October 2003
- Dr M slams Pak Lah but BN leaders rally behind the PM Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine.